Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Mondariz
1200-01-01 00:00:00
A ermida de San Simión
A famosa cantiga de amigo de Meendinho ambiéntase na illa, que na Idade Media contaba cun mosteiro dedicado a San Simión (Simeón).
1514-01-01 00:00:00
Compilación das cantigas galego-portuguesas en Italia
Angelo Colocci ordena copiar as cantigas nas compilacións que despois serán coñecidas como o Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.
1840-01-01 00:00:00
Descuberta do Cancioneiro da Vaticana
Arredor de 1840 redescóbrese un dos códices na Biblioteca Apostólica Vaticana, de onde tomará o nome: Cancioneiro da Vaticana.
1878-01-01 00:00:00
Descuberta do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa
O cancioneiro foi descuberto na biblioteca privada do conde Paolo Brancuti. Desde 1924 está na Biblioteca Nacional de Portugal.
1933-01-01 00:00:00
Neotrobadorismo
Desde finais do século XIX comezaran a editarse en Portugal as cantigas medievais. En Galicia coñeceranse sobre todo a partir da edición de José Joaquim Nunes (1928). O interese que espertan dá lugar á corrente poética coñecida como neotrobadorismo.
1936-07-18 00:00:00
A Illa de San Simón durante a Guerra Civil e a posguerra
Entre 1936 e 1943, a Illa funcionou como un campo de concentración franquista.
1944-01-01 00:00:00
María Balteira, por Luís Seoane
Despois da Guerra Civil, artistas exiliados como Luís Seoane continuaron a inspirarse na literatura medieval ao tempo que defendían as ideas democráticas.
1998-01-01 00:00:00
O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas
A novela de Manuel Rivas relata algunhas das atrocidades cometidas cos presos republicanos durante a Guerra Civil e a posguerra. Un dos escenarios mencionados na novela é o da Illa de San Simón.
2000-01-01 00:00:00
O lapis do carpinteiro, obra teatral de Sarabela Teatro
Esta adaptación dramática da novela de Manuel Rivas superou os 25.000 espectadores.
2002-01-01 00:00:00
O lapis do carpinteiro, filme de Antón Reixa
No ano 2002 estreouse unha película baseada na novela de Manuel Rivas
2020-01-01 00:00:00
A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto e Bea Gregores
"A lavandeira de San Simón busca contar, con palabras e imaxes, un anaquiño destas historias silenciadas, de mulleres resistentes que loitaron, desde o cotián, contra a barbarie e a inxustiza. Practicamente ningunha das mulleres que viviron eses tempos está xa con nós: que non caia no esquecemento o seu traballo, a súa loita e o seu sufrimento por acadar un mundo máis xusto, máis libre, mellor."