Club de Letras / Lucus Augusti

Liña de tempo do proxecto do club de letras do IES Lucus Augusti

2019-10-01 09:00:42

Proxecto Club de Letras

Proxecto Club de Letras

2019-10-22 11:45:59

Poesía no camiño

A experiencia ten como obxectivo recuperar influencias coma a lírica provenzal e a mística sufí que chegaron as nosas terras polos Camiños, recuperar o ámeto mítico, esa xeografía soñada do país que imaxinou Uxío Novoneyra. Ademáis de reactivar a temática xacobea trátase tamén de achegar ao alumnado ao feito poético en vivo.

2019-10-25 20:00:00

Xornalismo con lentes moradas: xénero e comunicación

Conferencia da xornalista Eliana Martíns "Xornalismo con lentes moradas: xénero e comunicación". Eliana foi unha das mulleres que propiciou o documento de compromiso dos medios de comunicación para a correcta cobertura e tratamento dos casos de violencia de xénero

2019-10-25 21:30:00

Xornalismo con Lentes Moradas

Entrevista á xornalista Eliana Martíns

2019-11-05 09:35:30

Introdución aos mass media

Conferencia do xornalista Paco Nieto

2019-11-11 09:00:42

Premio Artigo Filosófico / Club de Letras

Premio artigo filosófico do Club de Letras Lucus Orientado ao alumando de 1º e 2º de Bacharelato

2019-11-15 19:28:48

Inma López Silva

As alumnas de 4º de ESO Ío Blanco e Alejandra Vilanova aproveitaron para charlar sobre feminismo e muller coa escritora galega Inma López Silva logo do Faladoiro Feminista do pasado 15 de novembro organizado polo Foro Feminista Maruxa Mallo. A excelente narradora galega deu unha charla co título: Adquirir a voz de muller: a escritura entre ficción e realidade.

2019-11-18 16:00:00

Violencia de xénero

Conferencia sobre violencia de xénero Poñentes: Sandra Piñeiro / Xuíza + Marta Engroba /Presidenta da Asociación "Sí, hai saída"

2019-11-18 17:30:00

Violencia de Xénero

Entrevista a Marta Engroba e Sandra Piñeiro: Qué se entende por Violencia de Xénero. Galería de audios en "más" 18/11/2019

2019-11-21 19:30:00

Presidenta de Arelas: Cristina Palacios

As alumnas de Valores Éticos de 3º de ESO Alejandro Zas, Lola Soto, María García, Andrea Santoalla e Carlota Santoalla entrevistan a Cristina Palacios, presidenta de Arelas. Arelas é a asociación galega de familias de menores trans, a cal traballa para un recoñecemento e integración na sociedade de menores trans. Cristina explica cal é a realidade e os procesos que adoita atravesar unha crianza trans.

2019-11-25 11:15:42

25 N

Manifesto contra a Violencia de Xénero Redactoras: Noa Palmeiro López e Noelia Rego Pérez Colabora: Grupo 1º Bac de Coeducación

2019-12-03 20:15:00

Carlos Taibo / Anarquist@s e Libertari@s

Carlos Taibo Arias (Madrid, 12 de maio de 1956) é un escritor, editor e profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. Carlos Taibo é firme partidario do anarquismo, o movemento antiglobalización, o decrecemento,​ a democracia directa e a autoxestión . «A globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control». O Club de Letras Lucus. Invitavos á presentación do seu libro "Anarquist@s e Libertari@s" Martes 3 de decembro de 2019

2019-12-04 11:45:00

Carlos Taibo / Decrecemento

Charla de Carlos Taibo sobre "Decrecemento e Transición ecosocial" dirixida ao alumnado de 1º BAC.

2019-12-04 19:12:04

Carlos Taibo: "Debemos desurbanizar e reruralizar as nosas sociedades

Ainara Villabrille e Nuria Rego entrevistan ao escritor e profesor de Ciencia Política Carlos Taibo. O madrileño de orixes galegos falou de anarquía e decremento na nosa radio antes de facer o propio nunha amena e esclarecedora charla para alumnas de 1º BAC.

2019-12-08 11:47:45

Progama sobre Violencia Machista nas aulas

Realizado polas alumnas de Valores Éticos de 3º da ESO: Marta, Isabel, Iria, Paula, Sabela e Cloe. Paga a pena escoitar o que nos teñen que contar.

2019-12-11 09:00:42

Maletas Igualdade

Maletas con recursos bibliográficos para traballar a igualdade dende a literatura. Están orientadas ao alumnado da etapa de secundaria e ao profesorado.

2019-12-12 09:35:42

Pride

Baseada nunha historia real, a película mostra a un grupo de activistas LGBT que recadaron diñeiro para axudar ás familias afectadas pola folga dos mineiros británicos en 1984, ao comezo do que sería a campaña Lesbians and Gais Support the Miners (Lesbianas e gais apoian aos mineiros). O Sindicato Nacional de Mineiros mostrouse remiso a aceptar o apoio do grupo debido ás preocupacións das relacións públicas do sindicato ao ser asociado cun grupo abertamente gai, polo que os activistas, en cambio, decidiron levar as súas doazóns directamente a un pequeno pobo mineiro de Gales, dando como resultado unha alianza entre as dúas comunidades. A alianza non se parecía a ningunha vista antes, pero foi un éxito.

2019-12-13 11:15:00

Before The Flood

Unha mirada para os efectos do cambio climático na nosa contorna e como a sociedade pode previlos, incluíndo a salvación de especies en perigos de extinción. Producido por Martin Scorsese e Leonardo DiCaprio, que ademais entrevista a numerosas personalidades e serve de narrador, a filmación de "BeforeThe Flood" prolongouse durante tres anos e o guión asínao Mark Monroe, responsable do aclamado documental "TheCove".

2019-12-15 21:00:00

Entrevista a Cristina Fallarás

Teresa López entrevista á xornalista e escritora Cristina Fallarás que o pasado sábado 14 de decembro estivo en Lugo no Vello Cárcere para dar unha charla. Nela falou sobre feminismo, violencia machista e o seu proxecto #Cuéntalo.

2019-12-18 09:00:42

I Concurso Letras Nas Ondas

Co gallo de contar no centro coas "Maletas de Igualdade" convócase o I Concurso Letras Nas Ondas, o obxectivo é achegar a literatura á radio, vos propoñemos o deseño dun miniprograma (2 a 5 minutos) en formato podcast baseado nun texto de calquera dos libros da sección de igualdade da biblioteca ou das maletas. Data límite de entrega 16 de marzo de 2020

2020-01-14 19:00:00

Charla de sensibilización cos desafiuzamentos

A asociación Stop Desafiuzamentos Lugo organiza unha charla informativa e de sensibilización coa problemática que afecta á vivenda na provincia de Lugo.

2020-01-17 19:00:00

Towanda Rebels

Video-entrevista a Towanda Rebels. "A Cuarta ola en Acción" Alumnas de Bac

2020-01-18 11:35:00

A Imposición da Beleza

‘La Imposición de la Belleza’, de Nadia Martín, é un documental sobre a maneira en que esta imposición incide na saúde física e mental das mulleres, unha ditadura da beleza que permanece presente na psique das mulleres e cómo elo afecta directamente a súa saúde. Conta con numerosas entrevistas a especialistas no tema, entre elas, inclúense reflexións de autoras expertas na materia. A perspectiva é interseccional a través de testemuñas de teóricas feministas, psicólogas, periodistas e activistas diversas que sofren as consecuencias de este mito cada día que xa nos noventa denunciaba Naomi Wolf.

2020-01-25 19:30:00

Encontros Literarios: Socorro Venegas

Conferencia da escritora Socorro Venegas co gallo da presentación da súa última obra "La memoria donde ardía" coa participación do editor Juan Casamayor.

2020-01-28 12:00:00

El clima que nos viene

O cambio climático é, probablemente, un dos maiores desafíos ao que se vai ter que enfrontar na súa historia a humanidade. As probas e argumentos científicos mostran que é un feito innegable e cada vez se manifesta en un maior número de desastres. Por iso é necesario que, dende o ámbito educativo, se programen actividades para promover a educación ambiental e a concienciación dos mozos e mozas. Por sorte, hai persoas cun forte compromiso medioambiental, como Juan Carlos Mejuto Fernández, quen aceptou dar esta conferencia no IES Lucus Augusti. Juan Carlos Mejuto, quen cursou o bacharelato no noso centro, é un científico de relevancia. É doutor én Ciencias Químicas e catedrático de Química Física na Universidade de Vigo. Foi decano da Facultade de Ciencias de Ourense e é autor de numerosos artigos de investigación e director de varias teses doctoriais. Agradecémoslle a súa participación totalmente desinteresada.

2020-02-05 09:00:42

I Concurso Ilustración de Textos Filosóficos

I Concurso de Ilustración de Textos Filosóficos

2020-02-10 12:15:00

Encontros Literarios / Mercedes Oliveira e Amada Traba

Conferencia de Mercedes Oliveira Malvar e Amanda Trava Díaz. Análise e debate literario respecto a súa obra Ám@me.

2020-02-10 14:15:00

Entrevista a Chis Oliveira e Amada Traba.

Co gallo dos "Encontros Literarios" as autoras de "Ám@me" mantiveron unha animada e esclarecedora conversa con Noelia Rego e Ainara Villabrille.

2020-02-12 17:00:00

De que?

Lucía e Cloe, alumnas de 3º ESO, reflexionan sobre a importancia e o uso das novas tecnoloxías na actualidade. Interesante reflexión a que nos traen da man da materia de Lingua e Literatura Galega.

2020-02-20 17:00:00

Declamación do Taller de Radio

Pedra a pedra de Xosé Otero Canto na voz de Paula López Villamor. O grupo do Taller compóñeno: Ainara Pajuelo, Noelia Rego, Dulce Sosa, Juan Insua e Ainara Villabrille baixo a incansable guía de Paco Nieto.

2020-02-20 17:00:00

Entrevista Onda Cero

O alumnado do Taller de Radio foi entrevistado por Mónica Santos para o programa matinal Más de Uno Lugo de Onda Cero. Embaixo deixámosvos o anaco de programa onde a conductora do programa charla con Ainara Pajuelo, Noelia Rego, Dulce Sosa, Juan Insua e Ainara Villabrille. Tamén participou na entrevista o profesional da radio que está a titorizar o Taller, Paco Nieto. Queremos agradecer a Mónica Santos e a Onda Cero Lugo o seu interese no noso Taller e a oportunidade que nos brindou outorgándonos un recunchiño no espazo radiofónico Más de Uno.

2020-02-24 17:00:00

Radio Lua 1

Xuntas as primeiras letras do Lucus Augusti quixeron bautizar á súa radio o grupo do Taller de Radio do Club de Letras que dirixe o xornalista radiofónico Paco Nieto no noso IES. Nesta ocasión música para animar as idas e vidas do instituto, os recreos ou calquera momento do día! O grupo do Taller compóñeno: Ainara Pajuelo, Noelia Rego, Dulce Sosa, Juan Insua e Ainara Villabrille baixo a incansable guía de Paco Nieto.

2020-03-03 11:15:00

Atheon Ifev

Performance realizada polo alumnado do IES Lucus Augusti e dirixida pola profesora do Departamento de Educación Plástica e Visual Magdalena Seijas Díaz "Arácnida Tea Humana Entrelazando O Noso Infinito-Finito Espazo Visual" (Atheon Ifev) Club de Letras Lucus

2020-03-04 09:35:00

Mulleres que

A ilustradora Micaela Campanini Cáffaro presenta no IES Lucus Augusti a súa exposición "Mulleres que", unha iniciativa persoal para a visibilización das mulleres ao longo da historia. Conferencia no Salón de Actos xoves 5 de 9:35 a 10:25 e de 13:25 a 14:15 Organiza Club de Letras Lucus

2020-03-08 09:35:00

Pegada "8M"

"Pegada 8M" Unha iniciativa do Club de Letras Lucus co obxectivo de encher os espazos do centro con mensaxes de solidaridade coas mulleres.

2020-03-11 12:35:00

O papel das TIC nas nosas vidas

"O papel das TIC nas nosas vidas. Somos conscientes do moito que sabemos?" Charla de Mª Carmen Caldeiro Pedreira, profesora da USC no Departamento de Pedagoxía e Didáctica / área: Didáctica e Organización Escolar. Dirixida ao alumnado de 1º Bac HH e CCS

2020-03-13 17:00:00

Radio Lúa 2

Nova entrega musical de Radio LÚA Xa sabes, boa música que te acompaña alí a onde queiras chegar.

2020-03-17 17:00:00

Obradoiro de rAp

Cancelado por alarma sanitaria. Obradoiro de Rap orientado a todo o alumnado do IES Lucus Augusti Obxectivos: Reivindicar a igualdade de xénero Desenvolver unha actividadde creativa e transversal: Música, Coeducación, Plástica, Lingua, Filosofía Datas: 17 de marzo a 15 de abril

2020-04-14 00:00:00

Revista Club de Letras Lucus

Revista do Club de Letras Lucus. Información da actividade desenvolvida durante o ano académico 2019/20

2020-12-01 09:00:42

II Premio de Ensaio filosófico

O Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "II Premio de Ensaio filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato. O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

2021-10-11 09:00:42

III Premio Ensaio Filosófico

O Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "III Premio de Ensaio filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Tema: Fainos mellores a Tecnoloxía? O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

Club de Letras / Lucus Augusti

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close