TEREIXA NAVAZA GONZÁLEZ
Tereixa Navaza a voz galega
1947-10-16 09:32:19
Nace Tereixa Navaza González en Mazarelos
Nace Tereixa Navaza González en Mazarelos, na casa da súa avoa materna, Emilia; o seu avó, Jose Benito, tivo o Taller «El Rianxeiro», o primeiro en Compostela con coches de alugamento. Os avós paternos estiveron na emigración, en Bos Aires e na Habana. O seu pai, militar, era de San Xurxo de Cereixo (A Estrada). A súa nai, Consuelo González Picón (Chelo), tivo trece irmáns e casou con 18 anos. Cando Tereixa ten un mes de idade, a familia trasládase a Pontevedra. Nesta cidade inicia estudos na escola pública, no Colexio Méndez, na Academia das irmás Poza, e logo continúa no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra (na actualidade Instituto Valle Inclán), do que é director Xosé Filgueira Valverde. Nace o primeiro e único irmán de Tereixa, Emilio Navaza González, quen, cos anos, desenvolverá a mesma actividade profesional que a súa irmá: xornalista
1948-10-01 00:00:00
Traslado a Ibiza
Trasládase coa súa familia a Ibiza, onde residirán dous anos. Aquí, Tereixa Navaza estuda 2º e 3º de bacharelato no Instituto de Ensino Medio
1960-10-06 00:00:00
Regresa a Compostela
Regresa a Compostela. No IES Rosalía de Castro estuda 4º de bacharelato. Un dos seus mestres é Antonio Fraguas. Tereixa lembra con agarimo que cando lle pedían permiso para ir ao baño el respondía: «Vaya señorita, pero no se entretenga mucho en el tocador de Cleopatra» A finais de curso enferma de meninxite. A doenza mantena tres meses na cama. Retoma logo os estudos por libre
1963-01-03 09:12:48
Imparte clases a crianzas
Imparte unha hora de clase a crianzas de 4-5 anos no Colexio Inglés, situado no Pazo de Bendaña, en Santiago
1964-01-08 09:12:48
O xérmolo da radio
O Colexio Inglés trasládase á Carreira do Conde (Santiago). A directora, Ana Vázquez, pídelles aos pais de Tereixa Navaza que lle permitan impartir máis horas de clase no centro. Tereixa lembra que daquela: «Na casa eramos moi “radiofonistas”. Escoitabamos Radio Galicia-SER e un día escoito que necesitan locutora»
1965-01-07 09:12:48
Os primeiros anos
«Os primeiros anos son duros cun director que se poñía na porta do locutorio e dicía “fala coma se foses de Burgos”. A censura que non permitía nin dar noticias, nin case poñer música. A falta de medios…»
1965-01-07 09:12:48
Comeza a traballar en Radio Galicia-SER
Logo de realizar unhas probas de locutora, comeza a traballar en Radio Galicia-SER. A emisora ten a súa sede na praza da Universidade, fronte á actual Facultade de Xeografía e Historia da USC. Convértese na locutora máis nova da SER en todo o país. No traballo coincide con profesionais como Isabel Carou, Ángel de la Peña ou Arturo Rei, dos que aprende o oficio
1965-01-07 09:12:48
Tereixa Navaza e o deporte
Tereixa Navaza a mediados dos sesenta practica atletismo e chega a ser presidenta do grupo de mulleres atletas da Sociedad Deportiva Compostela
1969-01-01 09:12:48
A lingua francesa
No curso 1968-1969, Tereixa Navaza González recibe o diploma de Lingua e Literatura Francesa, despois de realizar os exames correspondentes na Alianza Francesa de Santiago de Compostela. O tribunal é presidido polo agregado cultural da Embaixada francesa en Madrid, M. George Demerson
1971-01-01 09:12:48
Novos xefes
Chega de Madrid Basilio Rogado e faise cargo da dirección de Radio Galicia-SER durante nove meses, logo será substituído por Ángel Botana, responsable local da emisora até o ano 1976
1971-01-01 09:12:48
Convértese na «voz de Galicia»
Tereixa Navaza convértese na «voz de Galicia» nos informativos centrais da SER. Participa en Hora 25, en Matinal Cadena SER, en Mediodía Cadena Ser e en Los 40 principales. Por motivos profesionais e reunións de traballo viaxa con frecuencia a Madrid. Nos estudios centrais da SER en Madrid comeza a emisión do programa Hora 25. Tereixa Navaza realiza para o programa crónicas sobre a actualidade de Galicia. Ao pouco entra en conexión directa cada noite desde Santiago, ao igual que as delegacións de Barcelona, Bilbo, Zaragoza, Valencia e Sevilla. No programa Los 40 principales, Tereixa Navaza coñece e traballa con Joaquín Prat, Joaquín Luqui e Pepe Domingo Castaño, a quen a xornalista xa coñecía había anos. El iniciara a súa carreira radiofónica en Radio Galicia meses despois de facelo a xornalista. En Radio Galicia-SER presenta e dirixe o programa Horas Jóvenes. Emítese de 20:00 h a 22:00 h. Nel colabora o estudantado universitario e o escritor Xosé Vázquez Pintor con crónicas literarias
1971-01-01 09:12:48
Hora 25
«En Hora 25 tiven de directores a Manuel Martín Ferrand, Fernando Ónega, Basilio Rogado, Iñaki Gabilondo, González Ferrari —fillo de D. Antonio Calderón, ao que me unía afecto e amizade, que foi o creador de informativos e do teatro nas ondas— e sempre coordinando un gran profesional, Luis Rodríguez Olivares […] Hora 25 era suspendida de cando en vez e só podiamos falar de festas e do tempo»
1971-10-31 07:58:32
Créase TVE-Galicia
Créase o Centro Territorial de Televisión Española en Galicia (TVE-G), onde un par de anos máis tarde traballará Tereixa Navaza. O Centro ten a súa primeira sede na rúa do Vilar en Santiago de Compostela e o seu primeiro coordinador é Fernando Cubedo. Luís Salguero sucede a Cubedo neste ano e desempeña este traballo ata 1973
1972-10-04 07:58:32
Entrevista a Gloria Fuertes
Tereixa Navaza entrevista a Gloria Fuertes en Radio Galicia-SER con motivo da presentación da súa antoloxía poética no Colexio Maior El Pilar de Compostela. No transcurso da entrevista Gloria elabora un texto dedicado á xornalista
1973-10-03 07:58:32
Estudos universitarios
Comeza Tereixa Navaza os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Luís Mariñas é nomeado director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia (TVE-G). O seu pai, Enrique Mariñas, director de RNE na Coruña, na Festa do Patrón da Radio, propónlle a Tereixa a posibilidade de traballar na televisión. Tereixa acepta a proposta e comeza a traballar cun horario de 09:00 h a 18:00 h. Compaxina este traballo con outro en Radio Galicia SER de 18:00 h a 01:00 h.
1973-10-03 07:58:32
O esforzo
«Foron anos tan intensos que eu durmía 3-4 horas ao día. Despois de dous anos con este ritmo, caín enferma nunha baixada de tensión tan, tan forte que tiven que estar case un mes na cama»
1974-10-16 07:58:32
Panorama de Galicia
Na TVE-G comeza a emitirse o programa Panorama de Galicia, supón o inicio dunha programación propia regular en idioma galego. Tereixa Navaza presenta xunto con Luís Mariñas os primeiros programas. Coa incorporación de Eugenio Pena á dirección de TVE en Galicia, convértese na única presentadora do espazo. Máis tarde súmanse Cecilia Fernández e Xoán Barro
1977-11-18 18:52:22
Premio Nacional de Radio
Tereixa Navaza recolle o Premio Nacional de Radio que concede o Ministerio de Información e Turismo a través da Dirección Xeral de Radiodifusión e Televisión. Nese mesmo acto tamén reciben galardóns algúns profesionais como Laura Valenzuela, Isabel Bauzá, Guillermo Sautier Cassaseca e Eduardo Sotillos
1977-11-18 18:52:22
Membro da Asociación Galega da Muller
Tereixa Navaza comeza a formar parte da Asociación Galega da Muller (AGM), creada en 1976
1980-05-30 00:18:49
lembra
«Eu tiña unha intensa vida social e participaba en manifestacións, conferencias, etc. Lin moitos comunicados de todo tipo: feministas, antimilitaristas, de apoio á autonomía e á democracia, á insubmisión, anti-OTAN»
1980-11-18 18:52:22
Deixa a radio
Tereixa Navaza deixa Radio Galicia-SER e traballa exclusivamente na TVE-G, as instalacións do Centro Territorial están agora no Pazo de Raxoi; na actualidade é a sede do Consello da Cultura Galega. Na década dos oitenta, Tereixa Navaza mantén una intensa actividade en colectivos e plataformas sociais. No mes de marzo, TVE-G realiza un programa cultural presentado por Tereixa Navaza dedicado a Rosalía de Castro con motivo do 143 aniversario do seu nacemento e do centenario da publicación de Follas novas
1980-11-18 18:52:22
Penavisión gallega
No mes de febreiro, Perfecto Conde publica un artigo en Interviú titulado «Penavisión gallega. Corrupción y caciquismo en TVE». Nel, ademais de denunciar a situación de TVE-G, recolle referencias da profesionalidade de Tereixa Navaza
1981-11-12 18:52:22
Créase o Ateneo de Santiago de Compostela.
Créase o Ateneo de Santiago de Compostela. Entre as e os seus membros fundadores están: Benedicto Villar de Voces Ceibes, Tereixa Navaza, Xosé M.ª Busta, Salvador García Bodaño, Herminio Barreiro, Francisco Candela e o pintor Tomé
1982-11-18 18:52:22
Manifesto pola legalización do aborto
O 14 de maio as páxinas de publicidade de La Voz de Galicia acollen un Manifesto pola legalización do aborto asinado pola Coordinadora Feminista de Vigo, Asamblea de Mulleres da Coruña, AGM Santiago, AGM Ferrol, cargos políticos e sindicais, persoal da Administración, estudantado, profesionais da psiquiatría, medicina, ensino, psicoloxía, medios de comunicación... Entre estas sinaturas está a de Tereixa Navaza. O día 24 de marzo a AGM de Santiago de Compostela e o Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG) organizan na Facultade de Filoloxía da USC un acto de solidariedade coas 11 mulleres que nese día van ser xulgadas en Bilbo por ter abortado. As relatoras Tereixa Navaza e Manuela Fraguela, amais de expor o caso das mulleres acusadas no antedito proceso, fan unha análise histórica do aborto e das súas implicacións e incidencias sociais.
1983-04-08 18:52:22
Anti-Otan
Tereixa Navaza participa activamente dos actos Anti-OTAN que se organizan en Galicia e en Madrid. O día 8 de marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora, a primeira e a segunda cadea de TVE emiten o que foi o primeiro programa da serie «Da muller». A dirección e o guión do programa corren a cargo de Tereixa Navaza. A partir do mes de xullo, o programa é quincenal, emítese os martes ás 18:30 h pola segunda cadea de TVE. A serie remata no ano 1984 e comprende máis de 20 programas. A xornalista Tereixa Navaza dá comezo a unha serie de colaboracións na revista Andaina. Revista do Movemento Feminista Galego. Esta actividade vai ter continuidade ata 1993.
1983-08-13 09:46:07
«A muller no cine»
No número 0 da revista Andaina, Tereixa Navaza publica o artigo titulado «A muller no cine», no que analiza a difícil situación de actrices, directoras, realizadoras… «A muller no cine», Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 0 (1983), p. 4-5 Fonte: CCG. Recuperación da Documentación e Memoria do MFOG
1983-08-13 09:46:07
Inauguración do monumento a Castelao
O día 28 de xullo, na inauguración do monumento a Castelao erguido por subscrición popular en Pontevedra, Tereixa Navaza é a encargada de pronunciar un discurso. Un extracto deste está recollido no n.º 229 de Guieiro Estracto do discurso de Tereixa Navaza no acto homenaxe a Alfonso Daniel Castelao celebrado o 28 de xullo en Pontevedra. Guieiro (29-7-1983) Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
1984-01-13 04:52:30
«Violación: Odio e desprecio contra a muller»,
No mes de xaneiro, Tereixa Navaza publica en A Nosa Terra o artigo «Violación: Odio e desprecio contra a muller», no que se fai eco das reflexións e denuncias do Movemento Feminista Galego en relación a esta cuestión
1984-01-13 04:52:30
Chegada dos restos de Castelao a Galicia
TVE-G retransmite en directo a chegada dos restos de Castelao a Galicia. Tereixa Navaza realiza o relato en off desde a saída do féretro do aeroporto de Lavacolla até a chegada a San Domingos de Bonaval. Na retransmisión dá lectura a textos do ensaio político Sempre en Galiza escrito por Castelao e publicado no ano 1944 en Bos Aires
1984-01-25 11:43:09
Cesamento de Xosé Alexandre Cribeiro
Cesamento de Xosé Alexandre Cribeiro como director de TVE en Galicia
1984-01-25 11:43:09
A retransmisión da chegada dos restos supón o cese de Cribeiro
«A retransmisión da chegada dos restos supón o cese de Cribeiro e a min a “marcaxe” que se prolongaría ata a miña xubilación, con etapas vivíbeis e outras insufríbeis, condenada ao ostracismo, “facendo pasillos”»
1985-01-28 15:21:17
«María Teresa Navaza» en Faro del Lunes
Xosé Luís Méndez Ferrín publica «María Teresa Navaza» en Faro del Lunes. Un artigo en defensa da xornalista e que denuncia a situación á que está sometida na TVE-G. 1-MÉNDEZ FERRÍN, X.L.: «María Teresa Navaza», Faro del lunes (28-1-1985) Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
1985-04-27 02:06:19
Dereito ao aborto
O 27 de abril, Tereixa Navaza le na praza do Obradoiro o comunicado final dos actos convocados pola Coordinadora Nacional do Movemento Feminista (CNMF) sobre o dereito ao aborto. Os actos tiveron o seu inicio cunha manifestación no aeroporto de Lavacolla, que provocou un atraso na engalaxe dun DC9. Información publicada en El Correo Gallego sobre os actos convocados pola CNMF en torno ao aborto Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
1985-04-27 02:06:19
Plataforma de Defensa do Sector Naval
Tereixa Navaza dá lectura na Praza do Obradoiro ao comunicado final da manifestación promovida pola Plataforma de Defensa do Sector Naval. Debido a isto é apartada da presentación do Telexornal, por decisión do director da TVE en Galicia, Orestes Vara. A manifestación forma parte das accións desenvolvidas en protesta pola reconversión naval, iniciadas en 1983 e rematadas en 1989
1985-12-07 15:21:17
Sancións
Tereixa Navaza recibe numerosas mostras de apoio polo trato recibido na TVE-G en forma de telegramas, cartas e novas de prensa. Tras a intensa reacción de colectivos sindicais, políticos, culturais e sociais, a xornalista volve presentar o Telexornal aos poucos días do comezo da sanción
1985-12-07 15:21:17
Xornadas Rosalía de Castro. Unha obra non asumida
A Asociación Alexandre Bóveda organiza na Coruña as xornadas Rosalía de Castro. Unha obra non asumida nas que Tereixa Navaza participa como relatora
1985-12-29 15:21:17
«La rosa» de Mark Rydell
Tereixa Navaza publica na revista Andaina un artigo centrado na película «La rosa» de Mark Rydell. «La rosa» de Mark Rydell. Interpretada por Bette Mudler, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 19 Fonte: CCG. Recuperación da Documentación e Memoria do MFOG
1985-12-29 15:21:17
Rosalía de Castro. Unha obra non asumida
Edicións Xistral publica Rosalía de Castro. Unha obra non asumida. Trátase das actas das xornadas organizadas na Coruña pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda entre os días 31 de xaneiro e 22 de febreiro. O volume recolle a selección poética da intervención de Tereixa Navaza. Texto de presentación da «Selección poética», Rosalía de Castro. Unha obra non asumida, Edicións Xistral, 1985, 53-56 Fonte: exemplar de Carme Vidal
1985-12-29 15:21:17
entrevista realizada por Amparo Pérez Pena
A entrevista realizada por Amparo Pérez Pena a Tereixa Navaza e publicada en El Correo Gallego permite coñecer de primeira man datos biográficos da xornalista tanto do pasado como do momento. PÉREZ PENA, A.: «Teresa Navaza: un rostro popular», El Correo Gallego (29-12-1985), p. 30 Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
1985-12-29 15:21:17
sobre "La rosa" de Mark Rydell
"quere ser unha biografía de Janis Joplin ou de moitas mulleres que tentaron a súa liberdade no mundo da canción, do cine, da literatura…"
1986-06-11 13:05:53
Artigo de F. Corral
O artigo de F. Corral, elaborado coa participación de Tereixa Navaza, recolle datos relacionados coa biografía, a personalidade e o activismo da xornalista. CORRAL, F.: «María Teresa Navaza. Feminista y galleguista», Galicia Viva, nº19 (xuño 1986), p.27 Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
1986-06-12 13:05:53
Andaina
Dous son os artigos de Tereixa Navaza publicados neste ano en Andaina. O número 9, de xaneiro-febreiro, recolle o artigo titulado «Pacifismo versus feminismo». Nel a autora amósase contraria ao militarismo e a favor da paz. O número 10, de maio-xuño, baixo o título «Festa da palabra silenciada», fai referencia ao monográfico dedicado a Francisca Herrera Garrido «Pacifismo versus feminismo» (Janeiro-febreiro 1986), p. 16; «Festa da palabra silenciada nº3. Especial Francisca Herrera Garrido» (maio-xuño 1986), p. 23. Artigos publicados en Andaina. Revista do movemento feminista galego Fonte: CCG. Recuperación da Documentación e Memoria do MFOG
1986-12-29 15:21:17
Premios da Crítica
Os Premios da Crítica deste ano contan con Tereixa Navaza, entre outros, como membro da sección de Artes e Ciencias da Representación
1986-12-29 15:21:17
manifestación polo dereito ao aborto en Compostela
A Coordinadora de Organizacións Feministas Galegas, co lema «As mulleres decidimos. Aborto libre e gratuíto. Estamos facendo abortos», convoca unha manifestación polo dereito ao aborto en Compostela. A convocatoria anúnciase nas páxinas de «Publicidad Política» de La Voz de Galicia e recolle sinaturas de profesionais da avogacía, psicoloxía, medicina, ensino, xornalismo —entre as que se atopa Tereixa Navaza—, estudantes, artistas, sindicalistas e membros da política local e do Parlamento galego
1986-12-29 15:21:17
Galicia caníbal. Os resentidos
Tereixa Navaza é unha das participantes do vídeo Galicia caníbal. Un dos temas máis coñecidos do grupo Os Resentidos
1987-02-07 13:05:53
Manifestación contra o desmantelamento industrial de Galicia
O día 7 de febreiro as centrais sindicais UGT, USO, CCOO, CXTG, INTG e CNT convocan unha manifestación unitaria en Santiago de Compostela contra o desmantelamento industrial de Galicia. A convocatoria contou co apoio dos partidos políticos PSG-EG e BNG e dos sindicatos estudantís CAF e Sindicato de Estudiantes de Galicia. Ao remate da manifestación na praza do Obradoiro a xornalista Tereixa Navaza deu lectura ao comunicado elaborado polos seis sindicatos.
1987-03-05 13:05:53
Tribunal de Mulleres Feministas contra as Agresións Sexuais
O día 5 de marzo varias organizacións feministas do Movemento Feminista Galego constitúen un Tribunal de Mulleres Feministas contra as Agresións Sexuais no Auditorio da Universidade de Santiago de Compostela. O Tribunal, presidido por Tereixa Navaza e composto por representantes das diferentes asociacións, grupos, colectivos e coordinadoras feministas de Compostela, Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo e Arousa, logo de escoitar testemuños directos de mulleres de diferentes idades e procedencias que denunciaron agresións e abusos tanto no ámbito familiar como no doméstico, ditou sentenza condenatoria aos poderes políticos, xudiciais e eclesiásticos así como aos propios violadores e agresores Coñece o documento elaborado polo Tribunal de Mulleres Feministas (5-3-1988) Fonte: CCG. Recuperación da Documentación e Memoria do MFOG
1987-04-26 13:05:53
Isabel Pui entrevista a Tereixa Navaza
Isabel Pui publica unha entrevista realizada a Tereixa Navaza sobre o seu traballo nos medios de comunicación PUI, I.: «Teresa Navaza, 14 anos na TVE en Galicia», El Correo Gallego (26-4-1987), p. 34 Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
1987-05-15 13:05:53
II Encontros da comunicación en Galicia
Os II Encontros da comunicación en Galicia: TV. Mirando lo que viene, organizados pola TVE-G e realizados no Hotel Finisterre da Coruña entre o 15 e o 17 de maio, contan, entre outras e outros especialistas da comunicación, coa participación de Tereixa Navaza. No verán e no pavillón polideportivo de Sar de Santiago de Compostela, ten lugar un concerto-homenaxe a José Afonso presentado por Tereixa Navaza co apoio de Benedicto de Voces Ceibes e Luís Rivero de Aguilar. No acto participan representantes de toda a lusofonía e do Estado español, entre outras M.ª del Mar Bonet e Luís Pastor
1987-05-15 13:05:53
Andaina
Tereixa Navaza publica en Andaina un artigo en que dá conta do acto de presentación do libro Polémicas feministas de Montserrat Oliván. Este acto foi organizado polo Grupo de Mulleres da Universidade (GMU) da Facultade de Económicas da USC «Polémicas feministas con Montserrat Oliván», Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 11 (febreiro-marzo 1987), p. 16 Fonte: CCG. Recuperación da Documentación e Memoria do MFOG