Literatura do s. XX e XXI
1916-02-10 09:40:41
Irmandades da Fala
Fundación das Irmandades da Fala e o nacemento do nacionalismo.---------------------------------------------------------------------------------------------------Para profundizar no tema tanto das irmandades como do resto da lit. do s.xx o seguinte power point( descubra mais):
1920-01-19 21:50:00
Grupo NÓS
Creación do Grupo Nós así como o seu órgano de expresión a revista Nós.
1920-11-12 10:14:31
Edicións da lírica medieval
Xunto con traballos en diversas revistas da época aparecen editados o Cancioneiro de Ajuda e as Cantigas de Amigo e de Amor que iniciaron o cultivo da lírica medieval na época moderna
1922-02-10 09:40:41
As Vangardas
En Galiza a maior achega ao movemento vangardista chéganos da man de Manuel Antonio que co seu poemario "De catro a catro" achégase ao creacionismo . No seguinte power point pódese observar un breve esquema das vangardas en Europa e en Galicia
1923-10-13 12:23:49
Seminario de Estudios Galegos
Creouse coa fin de estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores. Malia isto a Guerra Civil truncou a existencia do Seminario.
1924-08-17 21:12:19
MANUEL ANTONIO
Publícase "De catro a catro" que destrúe a forma poética tradional e introduce novo léxico técnico
1926-04-26 05:31:36
Eduardo Pondal
Considerouse "O canto do vigía" como primeira manifestación neotrobadoresca
1926-05-03 05:04:03
Fermín BOUZA BREY
Publica na revista Nós "Lelias ó teu ouvido" e " Triadas no mar e na noite"
1926-07-24 13:37:51
Manuel Cuña Novás
Nado neste ano, é un autor de vital importancia xa que cos seus poemas inaugura o movemento da Escola da Tebra
1928-07-20 07:39:20
Eduardo Blanco Amor
Publica "Romances galegos" desenvolvendo o seu neotrobadorismo
1928-08-10 05:51:51
LUÍS AMADO CARBALLO
A revista Nós publica a súa obra "O Galo"
1928-10-09 04:00:23
RICARDO CARVALHO CALERO
Publica "Cantigas de amor lonxano" única composición neotrobadoresca escrita na época da preguerra
1930-06-21 02:03:39
Uxío Novoneyra
O que mellor marca a continuidade coa xeración poética anterior (a Xeración do 36). A súa poesía está impregnada de elementos paisaxísticos, aínda que non exenta de certos “experimentos” vangardistas
1930-06-27 23:25:55
Aquilino Iglesia Alvariño
Publica "Señardá" libro de sonetos de metro variado
1931-06-03 11:43:58
Eduardo Blanco Amor
Destacado narrador e poeta comeza coa recreación da poesía medieval malia que inspirase na Escola galego-castelá. Publica "Poema en catro tempos"
1932-04-29 06:31:44
Álvaro Cunqueiro
Iniciase na poesía con "Mar ó norde"
1933-01-16 23:11:25
Álvaro Cunqueiro
Publica os seus dous máis coñecidos poemarios "Cantiga nova que se chama Riveira" achegándose ao neotrobadorismo e con "Poemas do si e do non" achegándose ao surrealismo
1933-05-06 09:22:15
Aquilino Iglesia Alvariño
Publica "Corazón ó vento"
1933-06-21 01:05:54
Novas publicacións
Aparece o poemario "Nao senlleira" que produciu a difusión do neotrobadorismo
1935-07-04 09:18:26
Ramón Lorenzo
Nado neste ano e conta cun único poemario " O que se foi perdendo. Poemas da noite"
1936-03-15 17:08:14
XOSÉ DÍAZ JÁCOME
Publicou as "Primeiras cantigas de amor"
1936-05-05 04:00:11
Guerra Civil española
Consecuencias nefastas para a literatura galega, o intento de rehabilitación da cultura levarase a cabo no exilio
1936-08-13 23:44:05
Nómina Versificadores
Poetas como Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Luis Amado Carballo... procuraron para a poesía galega a universalización que lle cumpría acadando unha especial importacia para as letras galegas.
1937-05-08 06:18:22
Luis Seoane
Promotor cultural ademáis de poeta, xunto con Castelao na vertente política e Eduardo Blanco Amor na xornalistica
1938-07-06 11:29:03
Ánxel Sevillano
"O amor, o mar, o vento e outros gozos" Un dos poucos poemarios publicados durante a ditadura
1940-02-13 07:06:17
Luis Seoane
Publica no exilio máis de 30 libros en galego ou que facían referencia a Galiza
1942-06-02 23:54:52
Emilio Pita
Publica "Jacobusland" un dos primeiros libros de literatura galega do exilio
1947-10-31 12:25:59
Aquilino Iglesia Alvariña
Publica "Cómaros Verdes" co que se inicia o proceso de recuperación das letras galegas na posguerra.
1948-07-23 23:21:59
Revistas literarias
Aparecen varias revistas literarias bilingües como "Mensajes de Poesía" ou "Alba"
1949-06-16 04:04:48
Xosé María Emilio Álvarez Blázquez
Sairán ao prelo un total de 13 libros dos que 10 están escritos en galego.
1949-11-01 23:55:04
Precedentes á Editorial Galaxia
A editorial Bibliófilos Galegos e o suplemento cultural do xornal La Noche son os precedentes da fundación da Editorial Galaxia de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro
1950-04-24 11:37:44
Xeración dos 50
Comprende os autores que naceron entre os anos 30 e 40 e que se formaron ao abeiro da editorial Galaxia. Denomínase a escola de Tebra, que dá conta da angustia existencial e do pesimismo. Compoñen esta xeración Manuel María, Manuel Cuña Novas, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo, Xose Luís Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Raimundo Patiño e X.L. Franco Grande
1950-07-25 02:14:48
Aparición Editorial Galaxia
Grazas a aparición da Editorial Galaxia a cultura galega non queda en máns do que fixeran no exilio Luís Seoane e compañía. Esta editorial trataba de aglutinar e dinamizar os diversos proxectos culturalistas que ata o momento se foran levando a cabo.
1950-10-06 04:45:20
Álvaro Cunqueiro
Publica "Dona do corpo delgado" dentro da "colección Benito Soto"
1950-12-26 10:54:51
Escola da Tebra
Inaugurase este movemento coa publicación de dous poemario " Muiñeiro de brétema" de Manuel María e "Fabulario Novo" de Manuel Cuña Novás
1952-06-28 14:24:26
Xosé María Álvarez Blázquez
Publica unha antoloxía da poesía medieval "Cancioneiro de Monfero"
1952-11-12 19:40:46
Manuel Cuña Novás
Publica "Fabulario novo"
1952-12-01 05:02:07
Luís Seoane
Publica "Fardel de eisiliado" primeira manifestación da poesía social da posguerra
1953-01-13 23:06:26
Manuel María
Publica "Morrendo a cada intre"
1953-10-01 14:53:07
Manuel María
Nesta etapa publica os seus primeiros poemarios dentro da Escola da Tebra iniciandose có existencialismo
1954-03-16 01:53:50
Manuel Casado Nieto
Dá ao prelo "Orballo ispido"
1954-09-29 00:13:20
Manuel María
Publica "Advento"
1954-10-27 14:53:40
Lorenzo Varela
Ocúpase da composición dos poemas, Seoane dos gravados e Arturo Cuadrado da presentación dun grupo de poemas publicados no volume Lonxe
1955-01-07 18:57:14
Manuel Casado Nieto
Dá ó prelo "Ronsel do meu silenzo"
1955-05-31 10:55:47
NIMBOS
Aparece por primeira vez na Escolma da poesía galega de Galaxia
1955-07-29 03:26:19
Uxío Novoneyra
Publica "Os eidos." homenaxe particular a súa terra O Courel
1956-08-23 08:24:41
Luís Seoane
Publica "Na brétema Sant-Iago" que ofrece unha visión atemporal da cidade de Santiago e doutros lugares
1957-06-14 10:47:57
XOHANA TORRES
Publica por primeira vez o seu poemario "Do sulco" na Editorial Galaxia
1957-10-02 06:13:01
Xosé Luís Méndez Ferrín
Publica "Voce na néboa" iniciando a súa experiencia poética
1958-07-31 05:36:56
Ramón Otero Pedrayo
Autor dun único poemario titulado "Bocarribeira. Poemas de ler e queimar" que saíu ó prelo este ano