MANUEL MARÍA

1929-10-06 00:00:00

Manuel María Fernández Teixeiro

Nace en Outeiro de Rei (Lugo)o 6 de outubro de 1929 .

1950-05-16 12:07:24

Muiñeiro de brétemas

Inicia a súa andaina poética coa publicación de Muiñeiro de brétemas. Sae á luz en 1950 na colección Benito Soto, un ano despois de que fora escrito durante o verán no seu Outeiro de Rei natal. Tiña só 19 anos e, malia o tempo no que lle tocou medrar, pudo coñecer desde a escola algunha poesía galega que marcaría esta obra de iniciación. CARA A TI "Vou a ti decote cada día co ollar enmallado nunha nao que o vento desfiaña pouco a pouco na espuma dorida do teu peito. E brillas nesa espuma sedenta dunha luz tremelucente que escintila nunha bágoa xa ferida na manteliña prateada dunha estrela. Vou a ti, sedento de saloucos e de brétemas, depenicando alalás entre a follaxe acesa por folerpas que fuxían no afiado coitelo do sorriso. (Non debullo lonxanía polo ermo nin o vento morno me desvía). Vou a ti deixando nun luceiro unha vella ronseira que se afoga nun estraño fío prateado que garda un chirlo amorosiño. Ollo fuxir cara o nordés un pensamento que vai só para ti, para que che diga a mensaxe calada dun retorno."

1952-05-16 05:28:01

Morrendo a cada intre

Morrendo a cada intre, 1ª ed., La Voz de la Verdad, Lugo, 1952, portada e ilustración de Manuel María. Libro de poesía de temática existencial.

1952-09-08 11:41:49

Contos en cuarto crecente

1ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1952, limiar de M. de Rivas; contos: "Vosoutras, miñas amigas", "O idilio dun paxaro", "A Rosa", "Conto para durmir un neno", "O bico", "A luzada" e "O Tío Casas"

1954-05-01 00:00:00

Advento

Advento, 1ª ed., Ediciones Galicia do Centro Galego de Bos Aires, Bos Aires, 1954, premio Castelao de Poesía 1951 do Centro Galego de Bos Aires, portada de Luís Seoane.

1954-05-19 00:00:00

Terra Cha

Terra Cha, 1ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1954, limiar de Ánxel Fole (55 poemas). A evocación da paisaxe da súa terra natal foi unha das constantes da obra de Manuel María. Terra Chá A Terra Cha somentes é: un povo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá.

1957-11-30 11:41:49

Auto do taberneiro

1ª ed., Quatro Ventos, nº 10, Braga, 1957 (separata).

1958-05-16 01:50:24

Manuel María e Monforte de Lemos

En 1958 instalouse en Monforte de Lemos (Lugo), cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como procurador dos tribunais e á que dedicou un poemario (Cancioneiro de Monforte de Lemos)

1958-05-17 00:00:00

Documentos personaes

1958-06-30 11:41:49

Notas encol da poesía de Fermín Bouza-Brei

Separata de Boletín da Real Academia Galega, nº 327-333, A Coruña, 1958, pp. 125-140.

MANUEL MARÍA

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode